ir a EFEAGRO Lunes 20 de mayo de 2013 Especiales

Síguenos » EFEAGRO en Twitter EFEAGRO en Facebook

PROPOSTAS PARA COCIÑAR CON CONSERVAS

Receitas mariñeiras para mestres do abrelatas

Receitas mariñeiras para mestres do abrelatas
Galicia representa o 84 % da produción nacional de conservas. Imaxe: EFEAGRO /   Mònica Faro

Steak tartar de bonito, gazpacho con bacallau e berberechos ou ameixas con escuma de queixo de burgos, cebola vermella e pan de sésamo son algunhas das receitas recollidas no libro "O mar en conserva", que reúne 20 propostas de grandes cociñeiros nas que o esencial da preparación é saber abrir unha lata.

AGROGALEGO

EFEAGRO - Madrid, 16 julio 2012 | 18:24h.

Imprimir Enviar Aumentar fuente Disminuir fuente

O aumento nos últimos anos da calidade das conservas de peixe fixo que éstas sexan hoxe un apreciado ingrediente da alta cociña.

"O produto español é de tal calidade que é tan bo fresco coma en lata", explicou a EFE durante a presentación do libro o cociñeiro Paco Roncero (La Terraza del Casino, dúas estrelas Michelin).

Roncero pediu que os consumidores non confundan as conservas de calidade co denostado concepto de "comida rápida", porque "hoxe hai latas que son unha marabilla, un auténtico manxar".

A presentación contou coa presenza da conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que subliñou a competitividade do sector conserveiro galego e a súa importancia económica na comunidade, que representa o 84 % da produción nacional na que xera 12.000 postos de traballo.

máis
GALICIA...

O porco celta alimentado con castañas ten máis valor nutritivo
Un porco celta na Semana Verde de Silleda. Foto: EFE ARCHIVO/   Lavandeira jr

SEGUNDO UN ESTUDO DA UNIVERSIDADE DE VIGO

O porco celta alimentado con castañas ten máis valor nutritivo

EFEAGRO - Vigo, 25 septiembre 2012 | 18:12h.

Unha tese doutoral desenvolvida polo investigador Rubén Domínguez, da Universidade de Vigo, conclúe que o porco celta alimentado a base de castañas posúe un maior valor nutricional.

A Ribeira Sacra inicia esta fin de semana a vendima nas primeiras parcelas
Vendima na Ribeira Sacra. Foto: EFEAGRO ARQUIVO

AGÁRDASE UNHA COLLEITA DUNS CINCO MILLÓNS DE KILOS

A Ribeira Sacra inicia esta fin de semana a vendima nas primeiras parcelas

EFEAGRO - Lugo, 14 septiembre 2012 | 09:47h.

A vendima na Ribeira Sacra comezará este fin de semana por parte de algunhas adegas, nas parcelas nas que o froito madura antes ca no resto do territorio amparado por esta denominación de orixe, segundo confirmou o presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez.

Quintana salienta a aposta pola calidade da carne de vacún galega
A conselleira visitou unha explotación familiar no Corgo. Foto: Cedida por Xunta de Galicia.

AS VENDAS DE TERNERA GALLEGA MEDRARON O 11,6 % EN 2011

Quintana salienta a aposta pola calidade da carne de vacún galega

EFEAGRO - Lugo, 13 septiembre 2012 | 10:30h.

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, afirmou que o éxito comercial da carne de vacún producida en Galicia e a consolidación da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega radica na definición dun mercado que prima a calidade da produción fronte á cantidade.

A DO Ribeiro agarda unha vendima arredor dun 20 % menor a outros anos
O presidente do Consello Regulador, Miguel Anxo Viso. Foto: Cedida por DO Ribeiro.

SEGUNDO O PRESIDENTE DO CONSELLO REGULADOR

A DO Ribeiro agarda unha vendima arredor dun 20 % menor a outros anos

EFEAGRO - Madrid, 07 septiembre 2012 | 16:34h.

A Denominación de Orixe Ribeiro prevé este ano unha colleita de uva arredor dun 20 % inferior á media doutras vendimas, a causa das condicións meteorolóxicas, aínda que agarda unha boa calidade do produto.