A CITA SERÁ A VINDEIRA SEMANA
Galiforest analizará o futuro do sector forestal e as súas opcións de negocio
O Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón) acollerá a vindeira semana o II Monográfico Forestal Internacional para o sur de Europa, Galiforest 2012, unha cita na que se analizará o futuro do monte galego e das súas oportunidades de negocio.
AGROGALEGO
EFEAGRO - Madrid, 19 junio 2012 | 12:06h.
Nesta xuntanza, que presentará o secretario xeral de Medio Rural e Montes da Xunta de Galicia, Tomás Fernández-Couto, desenvolverase tamén o IV Inventario Forestal Nacional e detallarase o marco legal actual, segundo informou a organización nun comunicado.
En canto ao programa técnico, o encontro servirá para presentar innovacións tecnolóxicas e para xerar negocio no sector forestal, polo que se analizarán as perspectivas do monte galego e terá lugar unha xornada sobre certificación forestal.
No cadro desta cita celebrarase o II Concurso de Innovación Tecnolóxica "Galiforest 2012".
máis
FORESTAL
TRAS PARTICIPAR NUN ENCONTRO EN VILALBA
Quintana afirma que a sociedade galega ten que comprometerse co sector forestal
EFEAGRO - Lugo, 01 octubre 2012 | 10:30h.
A conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, afirmou hoxe antes de participar nun acto de precampaña cun centenar de representantes da actividade forestal en Vilalba que a sociedade galega ten "que comprometerse con este sector".
NO COMITÉ DE COORDINACIÓN POLICIAL
Balance da campaña de alto risco de lumes forestais
- Santiago, 16 septiembre 2012 | 11:12h.
O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, presidiu esta semana o Comité de Coordinación Policial Anti-incendios, no que se avaliou a marcha da presente campaña de alto risco de lumes forestais (do 1 de xullo ao 30 de setembro).
A CONSELLERÍA CONTRIBÚE CON 750.000 EUROS
Medio Rural e a Fegamp renovan o convenio de colaboración contra incendios
EFEAGRO - Santiago de Compostela, 13 agosto 2012 | 11:22h.
A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey Varela, asinaron hoxe un novo convenio de colaboración para a actuación en prevención e defensa contra os incendios forestais.
O INCENDIO QUEDOU ONTE CONTROLADO
O lume arrasa 1.500 hectáreas no Barco de Valdeorras
EFEAGRO - Santiago de Compostela, 13 agosto 2012 | 11:59h.
O incendio do Barco de Valdeorras segue controlado dende o domingo pola tarde, tras calcinar unhas 1.500 hectáreas, segundo as estimacións da Xunta.



