ir a EFEAGRO Viernes 24 de mayo de 2013 Especiales

Síguenos » EFEAGRO en Twitter EFEAGRO en Facebook

TRÁTASE DUNHA AVESPA PARASITOIDE

Científicos galegos descobren un inimigo natural para a couza da col

COUZA COL
Este insecto causa danos en brásicas coma coles, grelos ou berzas, en todo o mundo. Foto: EFE ARQUIVO/   ADRIAN BRADSHAW

Científicos do grupo de xenética e mellora de brásicas da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC descubriron na avespa parasitoide Diadegma fenestrale un inimigo natural para combater a couza da col, da que o control por medio químicos ten un elevado custo económico.

AGROGALEGO

EFEAGRO - Santiago de Compostela, 03 agosto 2012 | 16:55h.

Imprimir Enviar Aumentar fuente Disminuir fuente

No marco dunha investigación iniciada hai dez anos sobre pragas e enfermidades das brásicas (berzas, repolos, coles ou grelos), os especialistas do CSIC determinaron que a citada avespa deposita os seus ovos no corpo das ourugas da couza, que rematan por morrer, informou o centro nun comunicado.

Os científicos descubriron a existencia de cinco especies de avespas que desempeñan o papel do control biolóxico da couza e, entre elas, destacan pola abundancia e eficacia a Diadegma fenestrale, que acadou un nivel de parasitismo (número de parasitos por ouruga recollida) do 78 % na berza e do 82 % no repolo.

A couza da col está presente en tódolos países onde se cultivan brásicas, ten unha boa adaptabilidade a distintas condicións ambientais, gran capacidade migratoria e moitas xeracións por ano, polo que causa salientables pérdidas económicas.

Os investigadores galegos rexeitan o uso de pesticidas, un método "bastante infructuoso" debido á resistencia desenvolvida pola couza á maioría dos compostos químicos.

máis
NOVAS

Rosa Quintana espera que a UE aborde unha auténtica reforma da PPC
A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, durante a entrevista. Foto: EFE ARQUIVO/   Lavandeira jr

NUNHA ENTREVISTA CONCEDIDA A EFE

Rosa Quintana espera que a UE aborde unha auténtica reforma da PPC

EFEAGRO - Santiago de Compostela, 01 octubre 2012 | 11:23h.

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, expresou a súa esperanza de que na Comisión Europea "sexan valentes" e realmente aborden unha "auténtica reforma" da política pesqueira común (PPC) e Galicia, coma "potencia pesqueira", poda manter este sector.

O eucalipto, o laurel e a ortiga renovan o licor de herbas
O eucalipto aportaría "interesantes compostos volátiles" aos licores, di o estudo. Foto: EFE ARQUIVO/   Michael Reynolds

UN ESTUDO UNIVERSITARIO AVALA O SEU POTENCIAL

O eucalipto, o laurel e a ortiga renovan o licor de herbas

EFEAGRO - Vigo, 26 septiembre 2012 | 11:27h.

Un grupo de investigación de Biotecnoloxía Alimentaria da Universidade de Vigo avala o emprego do eucalipto, o laurel e a ortiga coma ingrediente distintivo na elaboración do licor de herbas galego.

UPA denuncia que cada día pechan catro explotacións de leite
Vacas pacendo na localidade de Arzúa. Foto: EFE ARQUIVO/   Lavandeira jr

PRETO DE 10.000 GRANXAS MENOS EN SETE ANOS

UPA denuncia que cada día pechan catro explotacións de leite

EFEAGRO - Madrid, 24 septiembre 2012 | 10:19h.

A Unión de Pequenos Agricultores (UPA) vén de denunciar que a crise que atravesa o sector lácteo levou a que case catro explotacións ao día pecharan en España nos últimos sete anos.

Galicia, terceira produtora española de planta ornamental
O director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, na cooperativa "Hortoflor 2". Foto: Cedida por Xunta de Galicia.

EXPORTOU 1,5 MILLÓNS DE UNIDADES EN 2011

Galicia, terceira produtora española de planta ornamental

EFEAGRO - Santiago de Compostela, 20 septiembre 2012 | 09:34h.

Galicia é a terceira produtora española de planta ornamental, só por detrás de Valencia e Cataluña, cunha exportación en 2011 de 1,5 millóns de unidades, o 5,4 % do total do Estado.