SEGUNDO UN ESTUDO DA UNIVERSIDADE DE VIGO
O porco celta alimentado con castañas ten máis valor nutritivo
Unha tese doutoral desenvolvida polo investigador Rubén Domínguez, da Universidade de Vigo, conclúe que o porco celta alimentado a base de castañas posúe un maior valor nutricional.
AGROGALEGO
EFEAGRO - Vigo, 25 septiembre 2012 | 18:12h.
No marco dun proxecto da área de Tecnoloxías dos Alimentos do campus de Ourense, o investigador propúxose profundizar na influencia da alimentación a base de castañas na calidade da carne do porco celta, segundo informou nunha nota da Universidade de Vigo.
Á vista dos resultados desta tese, podería establecerse un paralelismo entre os porcos celtas alimentados con castañas e os apreciados ibéricos de bellota ou "pata negra".
A tese, presentada na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, desenvolveuse dentro dun proxecto de investigación de tres anos de duración financiado polo Plan Nacional de I+D+i.
Durante dezaseis meses, cebouse en réxime semiextensivo a 48 porcos -machos e femias castrados- para coñecer a influencia dunha alimentación tradicional, así coma a inclusión da castaña na dieta de finalización, especialmente sobre os contidos en ácidos graxos, colesterol e retinol da carne.
Menos colesterol
Na fase final da investigación observouse que os porcos alimentados con castañas presentan máis graxa intramuscular, o que afecta de xeito positivo á calidade sensorial dos produtos cárnicos, disminuíndo o contido en colesterol.
Ademais, os que comen castañas teñen máis ácidos graxos omega tres e ácido oleico.
Pola contra, os alimentados con pienso presentaban un maior contido de colesterol e retinol.
máis
GALICIA...
AGÁRDASE UNHA COLLEITA DUNS CINCO MILLÓNS DE KILOS
A Ribeira Sacra inicia esta fin de semana a vendima nas primeiras parcelas
EFEAGRO - Lugo, 14 septiembre 2012 | 09:47h.
A vendima na Ribeira Sacra comezará este fin de semana por parte de algunhas adegas, nas parcelas nas que o froito madura antes ca no resto do territorio amparado por esta denominación de orixe, segundo confirmou o presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez.
AS VENDAS DE TERNERA GALLEGA MEDRARON O 11,6 % EN 2011
Quintana salienta a aposta pola calidade da carne de vacún galega
EFEAGRO - Lugo, 13 septiembre 2012 | 10:30h.
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, afirmou que o éxito comercial da carne de vacún producida en Galicia e a consolidación da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega radica na definición dun mercado que prima a calidade da produción fronte á cantidade.
SEGUNDO O PRESIDENTE DO CONSELLO REGULADOR
A DO Ribeiro agarda unha vendima arredor dun 20 % menor a outros anos
EFEAGRO - Madrid, 07 septiembre 2012 | 16:34h.
A Denominación de Orixe Ribeiro prevé este ano unha colleita de uva arredor dun 20 % inferior á media doutras vendimas, a causa das condicións meteorolóxicas, aínda que agarda unha boa calidade do produto.





