CON 82 ACTIVIDADES DIFERENTES
Un total de 37 empresas ofrecen turismo mariñeiro en Galicia
Un total de 37 entidades e empresas ofrecen un cartel de 82 actividades diferentes de turismo mariñeiro, das que vinte están protagonizadas directamente por profesionais do mar.
AGROGALEGO
EFEAGRO - Santiago de Compostela, 20 agosto 2012 | 10:48h.
Así figura na Guía de Turismo Mariñeiro, editada pola Xunta en galego, castelán e inglés, e que recolle toda a información actualizada sobre entidades que en Galicia realizan actividades deste tipo.
A primeira parte da guía describe as actividades que se poden realizar en terra firme, aínda que vinculadas ao traballo e a cultura da Galicia mariñeira, como percorrer bancos marisqueiros, coñecer estaleiros artesanais e oficios como o das redeiras ou a construción de nasas.
Tamén se poden visitar lonxas ou fábricas de conservas, vivir a vida dos portos pesqueiros, degustar sabores mariñeiros en obradoiros de cociña ou interpretar tradición e traballo en museos relacionados co mar.
Outra parte da guía ofrece aos turistas a posibilidade de ir ao mar, acompañados de mariñeiros, nunha xornada de pesca, realizando algunha ruta en embarcacións tradicionais ou turísticas; desembarcar nunha batea para ver o cultivo do mexillón; avistar aves mariñas ou practicar pesca.
Profesionais do mar implicados
Na guía figura que do total de empresas que ofrecen actividades na costa, vinte corresponden a profesionais do mar: mariscadoras, redeiras, carpinteiros de ribeira, naseiros, mexilloeiros, recolledores de algas, mariñeiros ou vendedores das lonxas.
Na actualidade, xa existen cinco confrarías de mariñeiros que realizan actividades de turismo mariñeiro: Laxe, Fisterra, O Pindo, Lira e Portosín.Turismo Mariñeiro de Galicia, destaca a Xunta na súa nota, é un "novo" produto turístico que se basea na autenticidade "e singularidade" da cultura marítima galega, en contacto coa natureza, o mar e os mariñeiros.
máis
TURISMO RURAL
O BOE PUBLICA HOXE A RESOLUCIÓN
A Festa do Polbo do Carballiño, de Interese Turístico Nacional
EFEAGRO - Madrid, 12 julio 2012 | 10:08h.
O Instituto de Turismo de España vén de conceder o título de Festa de Interese Turístico Nacional á Festa do Polbo do Carballiño.
UN CENTO DE MEDIOS ACREDITADOS
A Rapa das Bestas de Sabucedo atrae un ano máis a milleiros de persoas
EFEAGRO - Santiago de Compostela, 09 julio 2012 | 10:58h.
A localidade pontevedresa de Sabucedo, no concello da Estrada, celebrou esta fin de semana a tradicional Rapa das Bestas, que atrae a milleiros de visitantes cada ano.
O INVESTIMENTO SUPEROU OS 380.000 EUROS
Remate das obras de mellora no Parque Natural das Fragas do Eume
EFEAGRO - Madrid, 05 julio 2012 | 18:27h.
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente vén de entregar as obras de mellora no Parque Natural das Fragas do Eume, actuación cofinanciada con fondos Feder e que contou cun orzamento de 381.912,99 euros.




