ir a EFEAGRO Viernes 24 de mayo de 2013 Especiales

Síguenos » EFEAGRO en Twitter EFEAGRO en Facebook

TRAS PARTICIPAR NUN ENCONTRO EN VILALBA

Quintana afirma que a sociedade galega ten que comprometerse co sector forestal

INCENDIOS FORESTAIS
Lume rexistrado nas Fragas do Eume o pasado marzo. Foto: EFE ARQUIVO/   Kiko

A conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, afirmou hoxe antes de participar nun acto de precampaña cun centenar de representantes da actividade forestal en Vilalba que a sociedade galega ten "que comprometerse con este sector".

AGROGALEGO

EFEAGRO - Lugo, 01 octubre 2012 | 10:30h.

Imprimir Enviar Aumentar fuente Disminuir fuente

"Temos a necesidade de ordear e certificar os nosos montes, para comercializar a nosa madeira e facer máis rendibles os nosos montes", afirmou a conselleira en declaracións aos medios de comunicación.

Na mesma liña, dixo que todo o diñeiro que se está "malgastando" en extinguir incendios forestais podería ser empregado para "axudar ao sector a sacar adiante proxectos produtivos", que xerarían riqueza e emprego.

Pola súa parte, o secretario xeral do PP en Lugo, Xosé Manuel Balseiro, lembrou que o sector forestal representa o 7 % do PIB de Galicia e ten potencial para ser un dos elementos "dinamizadores" que axuden á economía galega a "saír desta crise".

máis
FORESTAL

Balance da campaña de alto risco de lumes forestais
Imaxe da reunión do Comité de Coordinación Policial Anti-incendios. Foto: Cedida por Xunta de Galicia.

NO COMITÉ DE COORDINACIÓN POLICIAL

Balance da campaña de alto risco de lumes forestais

- Santiago, 16 septiembre 2012 | 11:12h.

O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, presidiu esta semana o Comité de Coordinación Policial Anti-incendios, no que se avaliou a marcha da presente campaña de alto risco de lumes forestais (do 1 de xullo ao 30 de setembro).

Medio Rural e a Fegamp renovan o convenio de colaboración contra incendios
Imaxe do Parque Natural das Fragas do Eume, en A Capela, tralo lume desta primavera. Foto: EFE ARQUIVO/   Cabalar

A CONSELLERÍA CONTRIBÚE CON 750.000 EUROS

Medio Rural e a Fegamp renovan o convenio de colaboración contra incendios

EFEAGRO - Santiago de Compostela, 13 agosto 2012 | 11:22h.

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey Varela, asinaron hoxe un novo convenio de colaboración para a actuación en prevención e defensa contra os incendios forestais.

O lume arrasa 1.500 hectáreas no Barco de Valdeorras
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou onte a zona afectada. Foto: Cedida por Xunta de Galicia.

O INCENDIO QUEDOU ONTE CONTROLADO

O lume arrasa 1.500 hectáreas no Barco de Valdeorras

EFEAGRO - Santiago de Compostela, 13 agosto 2012 | 11:59h.

O incendio do Barco de Valdeorras segue controlado dende o domingo pola tarde, tras calcinar unhas 1.500 hectáreas, segundo as estimacións da Xunta.