NUNHA ENTREVISTA CONCEDIDA A EFE
Rosa Quintana espera que a UE aborde unha auténtica reforma da PPC
A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, expresou a súa esperanza de que na Comisión Europea "sexan valentes" e realmente aborden unha "auténtica reforma" da política pesqueira común (PPC) e Galicia, coma "potencia pesqueira", poda manter este sector.
AGROGALEGO
EFEAGRO - Santiago de Compostela, 01 octubre 2012 | 11:23h.
Nunha entrevista concedida a EFE, Quintana sostén que, na reforma da PPC, que se aprobará en 2013, Galicia precisa que "determinados principios malentendidos que foron aplicados no momento de entrar España na UE sexan revisados e nos permitan que podamos ter unhas posibilidades de pesca acordes á frota que temos".
A responsable galega de Pesca sinalou que Galicia "fixo tódolos deberes" postos pola UE, coma a adecuación da capacidade extractiva á existencia de recursos, e foi a primeira en falar de zonas de reserva, vedas, e tamaños mínimos.
Resaltou así mesmo que Galicia foi capaz de defender unha definición de frota artesanal para que teña un tratamento diferenciado, e tamén do marisqueo a pé, actividade que non se desenvolve en prácticamente ningún outro país e afecta a 4.000 mariscadoras.
Polo que respecta á reforma da Politica Agraria Común, Quintana apuntou que Galicia quere "seguir defendendo un sector agrogandeiro forte", polo que rexeita que as axudas dos novos fondos se orienten unicamente pola superficie, o que "prexudicaría gravemente a Galicia", postura na que coincide coas comunidades da cornixa cantábrica.
Valorou que nesta reforma se acadase unha postura unitaria das Comunidades e Ministerio.
Sector lácteo
Con respecto á crise de prezos do sector lácteo, resaltou a disparidade que se rexistra nos custos de producción e o prezo do produto, consecuencia ao seu xuízo da "inacción forte que houbo nos últimos anos a nivel de Estado", aínda que agregou que agora hai un compromiso do Ministerio que se vén de materializar no "paquete lácteo" aprobado polo Goberno.
Dende agora, engadiu, as organizacións de produtores teñen "a posibilidade de ser moito máis fortes" á hora de negociar.
"Creo que se están establecendo as ferramentas administrativas necesarias para que este sector avance", resumiu, en referencia tamén á Lei da cadea alimentaria que ultima o Ministerio, que "dará transparencia" ao sector.
máis
NOVAS
UN ESTUDO UNIVERSITARIO AVALA O SEU POTENCIAL
O eucalipto, o laurel e a ortiga renovan o licor de herbas
EFEAGRO - Vigo, 26 septiembre 2012 | 11:27h.
Un grupo de investigación de Biotecnoloxía Alimentaria da Universidade de Vigo avala o emprego do eucalipto, o laurel e a ortiga coma ingrediente distintivo na elaboración do licor de herbas galego.
PRETO DE 10.000 GRANXAS MENOS EN SETE ANOS
UPA denuncia que cada día pechan catro explotacións de leite
EFEAGRO - Madrid, 24 septiembre 2012 | 10:19h.
A Unión de Pequenos Agricultores (UPA) vén de denunciar que a crise que atravesa o sector lácteo levou a que case catro explotacións ao día pecharan en España nos últimos sete anos.
EXPORTOU 1,5 MILLÓNS DE UNIDADES EN 2011
Galicia, terceira produtora española de planta ornamental
EFEAGRO - Santiago de Compostela, 20 septiembre 2012 | 09:34h.
Galicia é a terceira produtora española de planta ornamental, só por detrás de Valencia e Cataluña, cunha exportación en 2011 de 1,5 millóns de unidades, o 5,4 % do total do Estado.



